Noticias
6 de novembro de 2015
Desafío en Alacante. A pola oitava vitoria
Desafío de altura para o Burela Pescados Rubén que visita a cancha do Universidade de Alacante para dirimir os tres puntos correspondentes á xornada 8 da Primeira División. A partir das 18.30 horas o conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” retará á escuadra alicantina para lograr o seu obxectivo de pleno de vitorias antes de parón liguero, motivado polo Torneo Mundial de Guatemala para o que foron convocadas Peque (España) e Shio (Xapón). O adestrador mariñao ve ao seu equipo “moi mentalizado para seguir sumando vitorias e manter o pulso co Atlético Féminas” e é consciente que en Alacante teñen “unha proba moi complicada de superar ante un equipo que xoga moi ben ao fútbol sala pero ao que tamén queremos derrotar. Debemos aproveitar a nosa inercia gañadora e sairemos moi concentradas para ser merecedoras dun triunfo nunha pista complicada. Estou convencido que o UA Alacante estará na zona alta pelexando por obxectivos ambiciosos”. Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi. 5.Claudia. 7. Peque. 9. Gaby. 10. Lara. 11. Ceci. 13. Andrea. 14. Bea Mateos. 17.Maite. 18. Shiori.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores