Noticias
18 de novembro de 2015
Destino de Terceira, Pazos de Borbén (sábado 21, 18.00 horas)

O Burela FS Pescados Rubén B visitará o municipal de Pazos de Borbén o sábado (18.00 horas), na oitava xornada de Terceira División. Os pupilos de Juanma Marrube prepáranse para outro compromiso de altura, fronte ao terceiro clasificado, que ostenta 16 puntos, con 5 vitorias e 1 empate; ata o momento tan só sucumbiu ao líder, Superti A Pontenova (5-3).


Burela FS B 3-5 Superti


Os laranxas plantaron cara ao favorito no derbi mariñán, con seriedade, aínda que o resultado non puido acompañalos; o cadro de Juanma realizou unha gran primeira parte fronte ao Superti, con posesión e expoñendo en xogo, aínda que non puido manter a renda de 2-0 dos primeiros minutos. Ao regreso dos vestiarios, con igualada 2-2 no electrónico, os de Julio Delgado ampliaron distancias ata 2-5; co recurso de porteiro xogador o Burela FS B tan só puido achegarse ata o defnitivo 3-5.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores