Noticias
3 de decembro de 2015
Semana de descanso en Terceira

O Burela FS Pescados Rubén gozará dunha semana de descanso do duelo provincial na pista do Peugeot Vilalba FS, o sábado 12, na penúltima xornada da primeira volta, que se pechará o día 19 na Mariña, coa visita do 5Coruña FS.


O cadro de Juanma Marrube aproveitará este descanso para recuperar folgos na recta final antes de chegar ao ecuador da competición. Os mariñáns ocupan a décima praza, con 4 puntos, despois de caer pola mínima a semana pasada fronte ao CD P Casás (2-3).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores