Noticias
4 de decembro de 2015
Volve a liga a Vista Alegre co Gironella en Tarde Laranxa (sábado 5, 19.15 horas)

A liga de Primeira RFEF volve a Vista Alegre tras unha parada de case un mes polo Campionato Mundial de Guatemala no que a laranxa Peque e España alzáronse co bronce. A novena xornada, co FS Gironella (19.15 horas), en directo por STREAMING, será o segundo acto dunha Tarde Laranxa, con dobre duelo burelista-catalán; arrincará ás 16.15 horas con Primeira LNFS e a visita de FC Barcelona (TVG2/Esport3).


“Durante estas semanas traballamos moi ben. Estabamos nunha boa liña en competición e regresamos para continuar con ela” aseguraba o técnico mariñán, Iván Cao “Lucas”. O conxunto laranxa, que recibiu este descanso encaixando a súa primeira derrota da tempada, en Alacante (3-0), e caendo do coliderado compatido con Navalcarnero, volve ao parqué con todos os seus efectivos dispoñibles ao cento por cento, excepto Shiori, que estará apartada nos próximos meses por unha lesión de xeonllo sufrido coa elástica xaponesa en Guatemala.


“Sabemos que non será doado; medirémonos a un equipo novo, cun fútbol sala alegre, que nos quererá poñer as cousas complicadas” puntualizaba o adestrador mariñán do rival de mañá, que chega ocupando a oitava praza, con 12 puntos.


Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva


 


Liga en martes


“Para nós esta é unha semana crucial. Con Gironella debemos recuperar as boas sensacións, antes de dous envites antes rivais directos” advertía Lucas, cunha axenda moi apertada nos próximos sete días. O martes viaxará a Ourense para medirse ao Envialia (17.00 horas), terceiro con tres puntos menos que as burelistas, e o sábado recibirá en Vista Alegre (18.30 horas) ao Atlético de Madrid, líder con tres puntos máis que as galegas.


Copa Galicia


Tras impoñerse ao Leis Marcón (1-6), de Segunda, as laranxas xa confirmaron data para o compromiso de Copa Galicia na pista do Olivo FS, de Autonómica; será o xoves 17 de decembro, ás 21.15 horas.


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores