Noticias
4 de decembro de 2015
O parapeto burelista, a proba ante o titánico Barcelona (sábado 5, 16.15 horas) en Tarde Laranxa

O Burela FS Pescados Rubén finaliza mañá o seu especial Tourmalet do calendario coa visita do titánico FC Barcelona Lassa. Os pupilos de Daniel Ibañes abrirán a Tarde Laranxa de Vista Alegre ás 16.15 horas poñendo a proba a seu mausoleo na recta final antes do chegar ao ecuador fronte á grandiosidade do actual segundo clasificado. A cita tamén poderá seguirse en directo a través de TVG2 e Esport3.


Desde a oitava praza, con 18 puntos, o equipo mariñán traballou para recibir con uñas e dentes mañá o Barcelona, na penúltima oportunidade para manterse no gran soño da Copa de España Guadalaxara 2016. Xa está todo preparado en Vista Alegre para acoller un emocionante espectáculo dentro e fóra da pista.


Na súa filas, o Pescados Rubén non poderá contar con Matamoros, que aínda arrastra molestias por tendinite; entrará na convocatoria Aitor, do filial. Sergio Lozano será a grande ausencia do banco catalán, por lesión.



Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30. Hélder


Convocatoria FC Barcelona Lassa: 1. Cristian, 2. Aicardo, 4. Tolrà, 7. Dyego, 8. Lin, 10. Batería, 11. Saad, 13. Wilde, 14. Ferrao, 21. Juan Emilio, 22. Esteban, 28. Paco Sedano


Acceso a Vista Alegre


Vista Alegre abrirá mañá portas e taquilla ás 15.00 horas. O club burelista puxo á venda un total de 1.200 localidades para presenciar o espectáculo. As entradas de socios poderán adquirirse ata as 16.00 horas; a partir desa hora poderán liberarse no caso de que se necesiten.


Os socios accederán ás instalacións pola Porta 1 e os non socios pola Porta 4.


Sorteo de Acia Burela


Os afeccionados máis madrugadores poderán optar ao sorteo dun vale de compra de Acia Burela; o gañador anunciarase antes do comezo do partido.


Campaña de recollida de xoguetes


Un ano máis a peña A Pataca Naranxa, en colaboración con Cruz Vermella, pon en marcha a campaña de Nadal de recollida de xoguetes. Ata o luns 21 de decembro todas as persoas interesadas poderán depositar as súas doazóns no pavillón Vista Alegre; tamén poderán poñerse en contacto a través do número 607 748 786 para recollida a domicilio.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores