Noticias
8 de decembro de 2015
Derbi sen goles, cun minguado Burela FS
O derbi irmandiño entre o Ourense Envialia e un minguado Burela FS Pescados Rubén resolveuse con empate sen goles. O conxunto mariñán viaxou á cidade das Burgas sen a internacional Shio, con Claudia cunha sobrecarga que lle impediu participar e con Peque con febre. A escuadra lucense optou por unha defensa en media pista, á busca do contragolpe, para chegar con opcións de pelexar polos tres puntos na recta final.

A formulación burelista seguiu o guión marcado. As laranxas souberon conter as escasas ocasións locais para manter o electrónico sen moverse no primeiro período. Tras o descanso, con menos perigo das ourensás, sobre a área de Jozi, as de Lucas apostaron por aumentar a súa liña de presión nos últimos dez minutos; dispuxeron as mariñás de bos balóns en contraataque sen éxito na finalización.

Visita do Atlético de Madrid
Vista Alegre recibirá o intratable Atlético de Madrid Navalcarnero xa este sábado, ás 18.30 horas, na 11ª xornada. Desde a segunda praza con 25 puntos, as pupilas de Lucas aferraranse ao espírito do mausoleo laranxa e da afección mariñá para romper coa imbatibilidade do líder (30 puntos), impecable ata a data.
Ficha técnica
Ourense Envialia: Vane, Bea, Marta, Andrea e Sara Moreno (quinteto inicial). Tamén xogaron Laura, Ana, Peque, Chiky e Kiko.
CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Gaby, Bea Mateos e Maite (quinteto inicial). Tamén xogaron Ceci e Lara.
Árbitros: Borja Moreira e Raquel Manteiga do colexio galego. Amoestaron con cartolina amarela a Bea e Andrea no Ourense e con amarela Gaby e Ceci no Burela.

Partido correspondente á 10ª xornada de Primeira RFEF disputado nos Remedios.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores