Noticias
10 de decembro de 2015
Hora de demostrar, tócanos a nós

Agora tócanos a nós demostrar, si, demostrar que as palabras tan politicamente correctas e que tanto usamos de igualdade, deportividade, apoio ao deporte feminino, estamos convosco, etc. etc. etc., as imos poñer en práctica. Agora tócanos a nós, a tod@s; enchamos Vista Alegre e apoiemos as nosas campioas; non é retórica, é realidade, CAMPIOAS. No duelo vital que se aveciña o día 12, que sintan o noso alento e non quedemos en palabras, ás veces baleiras, que se nos encha a boca pero con feitos, con berros de ánimo ás nosas guerreiras, que sintan a nosa proximidade e o noso agradecemento polo tanto que nos deron, a Galicia, a Lugo, á Mariña e a Burela.


Elas xa demostraron dabondo que son moi dignas de que as apoiemos a morte, todas as xornadas demóstrano con garra, loita, espírito de sacrificio e deportividade; deixan a pel polo noso club por toda a xeografía nacional colocando o noso nome moi alto; son as vixentes Campioas de Supercopa de España e vanse medir ao Atlético de Madrid. Si, así é, pugnamos en todas as competicións co Atlético de Madrid, leron ben, valóreno na súa xusta medida e fagamos que as portas do pabillón se teñan que pechar por aforo completo; tod@s llelo debemos.


Co alento de tod@s gañaremos o sábado e estaremos máis que viv@s na pelexa por esta liga; poñerémonos a dous puntos cun mundo de competición por xogarse e será un punto de inflexión na tempada. Pero nada diso será posible sen a presenza de tod@s en Vista Alegre; agora é o momento de devolver ás nosas “jabatas” tanto que nos deron e plasmar con feitos o agradecemento e agarimo que lles profesamos.


 


JOSÉ LUÍS SÁEZ
VICEPRESIDENTE CD BURELA FS-PESCADOS RUBÉN

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores