Noticias
10 de decembro de 2015
Derbi provincial na casa do Vilalba FS

Despois dunha semaniña de descanso, volve a competición de Terceira División coa 10ª xornada e o derbi provincial que leva o CD Burela FS Pescados Rubén á pista do Peugeot Vilalba FS. A cita, que enfronta a dous equipos empatados a 4 puntos na zona baixa, está previsto para o sábado ás 20.00 horas.


O cadro de Juanma regresa co obxectivo de manter os sinais de identidade nos que leva traballando dende o comezo de tempada e que parece que pouco a pouco vai asimilando. “Volvemos coa meta de seguir medrando. Estamos no camiño correcto; nada de pensar na clasificación. O noso obxectivo é manter o xogo dos últimos encontros, nos últimos tres partidos demos un salto e nesa dirección debemos seguir. Se cumprimos con iso e non concedemos pequenos erros que estamos pagando caro e nos están sentenciando axiña chegarán os bos resultados” explicaba o técnico laranxa, moi satisfeito co traballo da novísimo escuadra burelista.


O equipo mariñán despedirá a primeira volta e 2015 a próxima semana coa visita do 5Coruña FS a Vista Alegre.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores