Noticias
11 de decembro de 2015
Estamos co Futsal da Terra

Dende A Mariña, o CD Burela FS Pescados Rubén quere amosar todo o seu apoio e lanzar unha mensaxe de ánimo ao seu compañeiro galego de batallas na máxima categoría do fútbol sala. O Santiago Futsal está atravesando uns momentos moi delicados pola súa situación económica, que pon en perigo a continuidade do seu equipo en Primeira LNFS. Algo que nunca debería de ocorrer cunha entidade que tantas tardes de ledicia e de fútbol sala de primeiro nivel conseguiu achegar á capital de Galicia, coas mellores competicións futbolísticas.


 


O club compostelán é un dos protagonistas indiscutibles da riqueza do fútbol sala galego e un gran representante na elite deste deporte en España, ademais de ser un exemplo no seu traballo coas categorías de base.


 


Todos debemos estar co Futsal da Terra. A Familia Laranxa está con vós.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores