Noticias
11 de decembro de 2015
Vista Alegre pelexa pola liga

Vista Alegre, a afección laranxa e o Burela FS Pescados Rubén pelexarán mañá por seguir axexando de preto o titánico Atlético de Madrid Navalcarnero. O líder de Primeira RFEF pisará o parqué cunha traxectoria impecable, invicto nos seus 10 compromisos e máximo goleador da elite 201-16, con 71 goles a favor e 16 en contra. A pugna no cume, entre a primeira praza madrileña (30 puntos) e a segunda mariñá (25), dirimirase a partir das 18.30 horas e poderá seguirse en directo por streaming. PINCHA AQUÍ


As pupilas de Iván Cao ‘Lucas’ avalaranse na súa solidez defensiva, como conxunto menos goleado da categoría (13 tantos encaixados), e no espírito e garra da bomboneira para romper todas as quinielas e bater a imbatibilidade da estelar escuadra capitalina.


No vestiario burelista, xunto á ausencia da xaponesa Shiori, cunha rotura parcial do ligamento cruzado anterior que a materá afastada durante meses das pistas, tampouco estará Claudia, por unha rotura muscular. Será dúbida Gaby, por molestias nun nocello. Nas filas madrileñas, segundo as declaracións de Andrés Sanz á La Voz de Galicia, non haberá baixas.



CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva


 


Campaña de recollida de xoguetes


Un ano máis a peña A Pataca Naranxa, en colaboración con Cruz Vermella, pon en marcha a campaña de Nadal de recollida de xoguetes. Ata o luns 21 de decembro todas as persoas interesadas poderán depositar as súas doazóns non pavillón Vista Alegre; tamén poderán poñerse en contacto a través do número 607 748 786 para recollida a domicilio.


Copa Galicia


O equipo de Lucas centrarase a próxima semana na Copa Galicia con dobre duelo antes de medirse en liga ao Jimbee Roldán FSF. O mércores, día 16, Vista Alegre recibirá o Poio Pescamar ás 20.00 horas, con taquilla solidaria en favor da Asociación Protectora de Animais Bigotes de Burela. O xoves, 17, desprazarase a Vigo para medirse ao Olivo FSF a partir dás 21.15 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores