Noticias
12 de decembro de 2015
O Burela corta a serie triunfal do Atlético con unha emocionante vitoria e mantén o pulso pola Liga
O Burela Pescados Rubén rompe a imbatibilidade colchoneira e mantén o pulso polo título ligueiro tras un triunfo logrado con corazón e cabeza. Gaby marcou o tanto da vitoria a falta de 29 segundos para o final tras unha gran xogada de Maite que tamén asistiu a Lara no primeiro tanto. A vitoria do Burela Pescados Rubén por 2-1 ante o Atlético Féminas Futsi comprime a clasificación na zona nobre, as colchoneiras chegaron a Vista Alegre con opcións de case sentenciar a Liga distanciando ao Burela a oito puntos e vaise con dous puntos de vantaxe e coa moral tocada.
Foto: Manuel Gil Foto: Manuel Gil Foto: Manuel Gil
O encontro comezou cun Atlético dominador ante un Burela que lle esperou na súa propia pista en busca dun contragolpe certeiro. Malia o seu control no xogo as madrileñas non xeraban ocasións claras de gol e únicamente un disparo de Marta Pelegrín tivo certo perigo. No minuto 10, Maite perseguiu un balón ata a liña de fondo logrando meter un pase no corazón do área colchoneira onde apareceu o oportunismo de Lara para situar o 1-0. Pouco despois Maite tivo nos seus pés o segundo tras un gran contragolpe pero o seu remate non atopou portería. A posesión era das visitantes pero o perigo levaba cor laranxa. A un minuto para o descanso chegou o empate do Atlético, Leti cun disparo raso sorprendeu a Jozi e ao descanso chegouse con empate no marcador. Na continuación o Burela Pescados Rubén saíu a por todas, apoiado pola súa afección, e xerou ata catro oportunidades claras para adiantarse. Maite non atopou portería, Peque disparou ao pau e Gaby tivo un par de ocasións nas que únicamente lle faltou precisión. A avalancha laranxa tomouse un respiro e ao Atlético comezou a respirar pero sen demasiada ambición ofensiva, demasiada especulación no xogo visitante na tarde de hoxe. Á recta final chegouse co 1-1 e con ambos equipos con cinco faltas. Gaby gozou dunha oportunidade desde o doblepenalti pero o seu disparo non colleu portería. O ida e volta neste tramo final era constante e Amelia puido conseguir o 1-2 pero errou a súa oportunidade. No minuto final emerxeu de novo a raza de Maite para perseguir un balón e asistir a Gaby que rematou case sobre a liña de gol. O 2-1 enardeceu a Vista Alegre que co seu alento empuxou ao seu equipo para defender o xogo de cinco visitante. O seu intento desesperado non obtivo premio e a vitoria quedouse no feudo burelés. Ficha técnica CD Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Gaby, Maite -cinco inicial- Ceci, Lara. Atlético Futsi Navalcarnero: Estela, Ari, Leti, Amelia, Desi -cinco inicial- Marta Pelegrín, Peke, María Sanz. Goles: 1-0, m.10, Lara; 1-1, m.19, Leti; 2-1, m.40, Gaby. Árbitros: Crestelo Blanco, Novoa García. Colexio Galego. Cartón amarelo a Gaby do Burela Pescados Rubén. Incidencias: Partido correspondente á undécima xornada de Primeira División RFEF, disputado en Vista Alegre. Ao redor de 600 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria dos policías falecidos no atentado terrorista de Kabul; Isidro Gabino Sanmartín Hernández e Jorge García Tudela.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores