Noticias
19 de decembro de 2015
O Burela Pescados Rubén volve á Copa de España logo dunha remontada histórica en Antequera
E como é posible que...o equipo dun pequeno pobo volva coarse na Copa de España...E como é posible que...o equipo dunha pequena comarca situada no noroeste peninsular volva disputar a Copa de España...E como é posible que... a falta de cinco minutos o soño parecía afastado...e a continuación chega unha remontada eléctrica, apaixonante e baseada na fe e determinación dun grupo que representa con orgullo a Burela, A Mariña, Lugo e Galicia. Isto é Fútbol Sala!!!! Isto é Burela e aquí hai que...gozar de estar na elite do Fútbol Sala nacional!! Temos o premio da Copa de España pero hoxe máis que nunca queda demostrado que a liña da interpretación do éxito e o fracaso é demasiado fina. Somos un equipo humilde e con esa humildade, con orgullo e moitísimo traballo estamos na mellor Liga do mundo...remando todos cara ao gran sol algunhas mareas serán moi produtivas e outras non tanto...pero todos xuntos e no mesmo barco as mareas son mellores!!
Foto: Prensa UMA Antequera. LNFS
O duelo en Antequera comezou con bos síntomas para o Burela Pescados Rubén que marcou o 0-1 por mediación de Chano nada máis empezar tras unha gran xogada colectiva. Con todo a reacción andaluza non se fixo esperar e cos goles e Miguel e Cecilio situáronse cun 2-1 que desconcertou aos mariñaos durante uns minutos. Tras encaixar o golpe, os burelaos atacaron e acosaron a meta local pero sen fortuna no remate. Chano culminou o carrusel de ocasións laranxas cun disparo ao pau e a continuación dobrepenalti a favor do Antequera que Tete non desaproveita anotando o 3-1 co que se chegou ao descanso. Na reanudación, tras varios intercambios de golpes e un ritmo vertixinoso supérase o ecuador do periodo final sen incidencias no marcador. E tras uns momentos de calma, o Burela Pescados Rubén axustou o seu motor para navegar en busca do soño copeiro. Os de Daniel Ibañes apoderáronse da iniciativa e cercaron a meta andaluza que resistía malia todo. Ante a resistencia local, Chino enfundouse a camiseta de porteiro xogador e os burelaos ofreceron un recital de seguridade e determinación. Minuto 35 e Chano reactiva o partido e as ilusións galegas co 2-3 que ten continuación co empate logrado por Chino (3-3) no minuto 38. Un gol separaba aos mariñaos de Guadalajara...e ese gol chegou no último minuto coa firma do lucense Iago Rodríguez que significou o 3-4 definitivo a pesar do arreón final do Antequera e que pasará á breve e intensa historia do Burela Pescados Rubén. Ficha técnica UMA Antequera: Alberto, Tete, Cecilio, Dá Silva, Miguel ?cinco inicial- Óscaro, Crispi, Armando, Lucio, Atienza, Fali. CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Antoñito, Chano, Isi -cinco inicial - Iago Rodríguez, Chino, Bellvert, Hélder, Álex. Goles: 1-0, m.1, Chano; 1-1, m.3, Miguel; 2-1, m.4, Cecilio; 3-1, m.19, Tete (DP); 3-2, m.35, Chano; 3-3, m.38, Chino; 3-4, m.40, Iago Rodríguez. Árbitros: González Ruano, Rabadán Sáinz. Tarxeta amarela a Chano (m.6), Iago Míguez (m.9), Isi (m.18), Iago Rodríguez (m.19), Antoñito (m.33) do Burela Pescados Rubén. Crispi (m.25), Cecilio (m.33) Tete (m.30) do UMA Antequera. Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pabellón Fernando Argüelles de Antequera. 1.000 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores