Noticias
28 de decembro de 2015
Santa Coloma, rival laranxa en Guadalaxara 2016

O Burela FS Pescados Rubén coñeceu esta mañá, en directo por Teledeporte, a identidade do seu primeiro rival na Copa de España Guadalaxara 2016. Os pupilos de Daniel Ibañes mediranse ao sétimo clasificado de liga, Catgas Santa Coloma.


Cumpríronse os desexos de Daniel Ibañes. Antes do sorteo xa confesar as súas preferencias, xogar en xoves e a poder ser escapar do cruzamento cos tres primeiros clasificados. “Será un partido moi bonito, un enfrontamento con moita igualdade entre sétimo e oitavo e ademais para abrir a Copa, en xoves, o día das sorpresas” explicaba Daniel. “Se conseguimos estar o sábado, en semifinais, xa sería todo un desafío”, concluía o técnico laranxa.


Representando o club no sorteo, emitido desde o teatro Buero Vallejo de Guadalaxara, Iago Míguez tamén se mostrou moi ilusionado coas primeiras noticias da cita copeira. “Ninguén quere enfrontarse aos grandes. Traballaremos para volver conseguir algo histórico para o club”.


Emparellamentos de cuartos (os horarios rexeranse por criterio televisivo):


Xoves 10 de marzo


Catgas Santa Coloma-Burela FS Pescados Rubén


Movistar Inter (cabeza de serie)-Palma Futsal


Venres 11 de marzo


ElPozo Murcia-Aspil Vidal Ribera Navarra


FC Barcelona Lassa (cabeza de serie)-Magna Gurpea


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores