Noticias
30 de decembro de 2015
Vista Alegre dá a benvida a 2016 con Palma (domingo 3, 18.00 horas)

Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén darán a benvida a 2016 coa segunda xornada da segunda volta o domingo 3, ás 18.00 horas, coa visita do Palma Futsal, que chega á Mariña na quinta praza, con 28 puntos, fronte á oitava dos laranxas, con 21. A cita poderá seguirse por streaming con lnfsdirecto.com.


Tras a sesión desta mañá, os pupilos de Daniel Ibañes retomarán a súa preparación o sábado con sesión de mañá e tarde. Chano xa participou con normalidade esta semana, logo de non poder viaxar a Tudela por molestias nun nocello. Isi, cunha pequena rotura fibrilar, traballa co fisioterapeuta para estar a punto para o domingo, aínda que de momento é dúbida. Matamoros será baixa. Pola súa banda, o equipo do ex-burelista Juanito trasladarase a Galicia ese día, despois do adestramento matutino.


Na primeira volta os insulares impuxéronse 3-1 aos da Mariña.


Calendario Laranxa


O domingo poñerase á venda unha nova edición do Calendario Laranxa; todas as persoas interesadas xa poderán adquirilo ese día no pavillón ao módico prezo de 3 euros.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores