Noticias
4 de febreiro de 2016
Mantendo o ritmo

O CD Burela FS Pescados Rubén partirá mañá pola mañá con rumbo ás Baleares para medirse en dobre cita ao Palma Futsal e a selección anfitrioa, entre mañá e o sábado.
“Serán tres partidos que nos virán moi ben para non perder o ritmo de competición” recoñecía o técnico laranxa, que poderá contar con todo o vestiario a excepción de  Mata e Iago Míguez por lesión. O 10 burelista recupérase dunha cirurxía para corrixir unha inflamación no xeonllo e o capitán mariñán aínda está convalecente dunha escordadura de nocello.


Copa Galicia
Antes de regresar á liga, o 19 de febreiro en Jumilla (21.15 horas), os laranxas disputarán os cuartos de Copa Galicia, fronte ao Bembrive FS, de Segunda B; será o martes 9 de febreiro, ás 21.00 horas. “É unha competición importante para o club e para o equipo. O noso obxectivo é seguir avanzando, aínda que sabemos que será complicado; o equipo xa tropezou con este rival noutra edición da Copa” advertía Daniel Ibañes. Xa están en semifinais Cidade de Narón e A Estrada FS, tras impoñerse o primeiro a Ou Parrulo (4-2) e Prone Lugo (0-0, nos penaltis). O mércores 10 pelexarán pola última praza Xove FS e Santiago Futsal.


- Venres 5 de febreiro: Palma Futsal - Burela Pescados Rubén, en Manacor (20:45 horas)


- Sábado 6 de febreiro: IV Trofeu Ciutat de Palma, en Son Moix. Selección Balear - Burela (20.00 horas), Selección Balear - Palma Futsal (20:45 horas) e Palma Futsal - Burela FS Pescados Rubén (21:30 horas).


-Martes 9 de febreiro: Cuartos Copa Galicia, Bembrive-CD Burela FS Pescados Rubén (21.00 horas)


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores