Noticias
5 de febreiro de 2016
Obxectivo, un novel en postos de Copa

O CD Burela FS Pescados Rubén xa recalou no seu destino da 17ª xornada. Mañá saltará á cancha do municipal La Llana (16.30 horas) para medirse ao Esportiu Rubí FS, que defende no seu regreso a Primeira RFEF a permanencia en postos de Copa de España desde a quinta praza.


As galegas veranse as caras cun equipo novo que se converteu nunha das revelacións da liga. As de Lucas apostan pola paciencia para afinar en puntería e pechar antes os encontros. “Debemos ter máis paciencia e non precipitarnos no último metro para emendar a falta de acerto cara á portería, como nos pasou a semana pasada en Elche, nunha cita que puidemos impoñernos con máis vantaxe” explicaba o técnico mariñán, incidindo na motivación do rival pola súa gran campaña: “Poñerannos as cousas complicadas; na súa pista quererán defender a súa posición en Copa e máis despois de caer a semana pasada en Majadahonda (2-1)”.


En Vista Alegre, as mariñás impuxéronse por 3-0 con hattrick da pichichi laranxa, Gaby.


Navalcarnero. Para o líder tamén se presenta unha xornada complicada, coa visita á pista do cuarto clasificado, Jimbee Roldán, empatado con Rubí (31 puntos).


CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 17. Maite (dúbida por escordadura leve de nocello)


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores