Noticias
12 de febreiro de 2016
Burela Pescados Rubén e AD Alcorcón FSF, o partidazo da xornada.
Vista Alegre será o escenario do partidazo entre o Burela Pescados Rubén e o AD Alcorcón FSF, duelo correspondente á xornada 18 de Primeira División e que tamén se poderá seguir en directo vía streaming na sección multimedia de www.burelafs.org . Burela e Alcorcón, segundo e terceiro clasificado respectivamente, afrontan o reto de manter o pulso co líder, Atlético Féminas Navalcarnero (46 puntos), que distancia en dous puntos ás burelistas e en catro ás alfareras que si caen no feudo laranxa perderán demasiado terreo na loita polo título liguero.

O Burela Pescados Rubén chega a esta cita con ánimo de conseguir a súa sexta vitoria consecutiva, manter o pleno de vitorias en Vista Alegre e seguir axexando o liderato colchoneiro. Para iso deberá dar conta dun Alcorcón que se presenta no feudo burelés con todo o seu arsenal agás Cristina Llanos por unha rotura fibrilar. Polas filas laranxas causan baixa Shio e Emma, operadas por lesión, e Jozi que fracturou o cúbito e radio do seu brazo esquerdo no adestramento do xoves pola tarde. Lucas lamenta a baixa da porteira brasileira xa que “supón un duro golpe para o colectivo pero debemos sobrepoñernos e afrontalo con entereza e espírito de equipo”. Respecto ao duelo ante as madrileñas agarda que “sexa un partido de ritmo alto no que debemos ser moi intensas na presión para impedir que xeren xogo con facilidade e estar moi concentradas en evitar as súas contragolpes”. Das alfarereiras destacou a importancia de “Belén que é unha referencia na portería e Anita Luján como canalizadora do seu xogo ofensivo, son xogadoras que marcan diferenzas aínda que o Alcorcón é un equipo con moita calidade en todas as súas xogadoras”. Do seu equipo indicou que afrontan o partido “coa mentalidade gañadora de sempre e conscientes do noso potencial. Estamos traballando moi ben e con confianza nas nosas posibilidades, o noso obxectivo é sumar os tres puntos”.


 


Para seguir en directo o partido vía streaming pulsar AQUÍ


 


Convocatoria
CD Burela FS Pescados Rubén:
3. Dany 5. Claudia 7. Peque 9. Gaby 10. Lara 11. Ceci 13. Andrea 14. Bea Mateos 15. Judith 17. Maite 31. Eva


Baixas: 1. Jozi, fractura do cúbito e radio do brazo esquerdo. 8. Emma, operada de rotura de ligamento cruzado anterior no xeonllo esquerdo 18. Shiori, operada de rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito.


AD Alcorcón FSF: 1. Belén 3. Aída 5. Vadillos 6. Isa García 7. Rosana 9. Natalia
10. Desirée 14. Orive 15. Miriam 20. Anita Luján 33. Pitu


Baixa: Cristina Llanos, por unha pequena rotura fibrilar.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores