Noticias
15 de febreiro de 2016
España reina en Europa
O CD Burela FS Pescados Rubén felicita á selección española pola súa conquista do Campionato de Europa celebrado en Belgrado. A sétima Eurocopa chega ás vitrinas de España tras un brillante torneo no que os pupilos de José Venancio López demostraron ser os mellores e na gran final plasmaron todas as súas virtudes; calidade, compromiso, presión, dinamismo, estratexia,...para derrotar por un contundente 3-7 a Rusia. Ademais, a este título colectivo hai que sumarlle os individuais que foron tamén para internacionais españois como a bota de ouro para Miguelín e Mario Rivillos e a bota de prata para Alex Yepes.


O fútbol sala galego estivo representado no Europeo polo xogador o MoviStar Inter, Adrián Alonso Pereira “Pola” e por David González Piñón, membro do corpo técnico de José Venancio López como analista de vídeo. No palco do Arena Belgrado, a selección tamén contou co apoio do vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Sala e do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, que mostrou a súa enorme “satisfacción pola reconquista da Eurocopa. Felicito á selección española polo gran éxito que supón este título continental que chega logo de superar innumerables contratempos e pon de manifesto a forza e carácter dun equipo que encheu de ledicia España e particularmente ao Fútbol Sala nacional”. O dirixente da FGFS tamén quixo agradecer o “excelente trato que recibín por parte da UEFA e a RFEF en todo momento”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores