Noticias
18 de febreiro de 2016
O Burela Pescados Rubén regresa á Liga na cancha do Jumilla B. Carchelo
O Burela Pescados Rubén regresa á competición ligueira visitando a cancha do Jumilla B. Carchelo, duelo correspondente á xornada 21 e que se disputa o venres día 19 a partir das 21.15 horas no pavillón Carlos García Ruíz.
O técnico burelés espera un partido “máis difícil do que indica a clasificación e do que moita xente poida pensar. É certo que é un equipo que está abaixo, pero os seus resultados na casa indican as dificultades de todos os seus rivais para poder sacar de alí os puntos. En Jumilla perdeu o Aspil Ribera, empatou o FC Barcelona Lassa e o Palma Futsal gañou nos instantes finais. Creo que será un partido moi igualado e que se resolverá por detalles mínimos”. Daniel Ibañes destaca da escuadra murciana “a Christian Rubio ou Terry, cedido por Movistar Inter, que está marcando goles. Tamén se reforzou no mercado invernal e no seu feudo nun equipo que adoita apertar moito e tratará de facerse forte para conservar a categoría”. Respecto do seu equipo comentou que o parón ligueiro tivo “connotacións positivas e negativas. Serviunos para descansar e ir recuperando lesionados pero foi un pouco longo estar sen competir con frecuencia malia xogar un partido de Copa Galicia e os amigables en Palma”. No aspecto negativo a lesión de Iago Míguez que “trastorna o noso plans pero estamos afeitos ás adversidades e seguro que seguimos superándoas”. Iago Míguez sofre un esguince de tobillo de grado 2 e non participará ante o Jumilla do mesmo xeito que Carlitos, por unha lesión no seu pé esquerdo. A novidade na convocatoria burelesa é a entrada do brasileiro Petry que se incorporou no mercado invernal á disciplina laranxa. Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 11 xogadores 1. Edu - 7. Isi - 9. Iago Rodríguez - 11. Chano ? 12. Petry - 13. Alex 18. Jorge Bellvert - - 20. Chino - 23. Antoñito - 28. Rubén - 30. Hélder Baixas: 10. Matamoros - 17. Carlitos - 5. Iago Míguez
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores