Noticias
25 de febreiro de 2016
Os laranxas axéncianse o primeiro billete para o título galego
Foto: Adán Puentes

O Burela FS Pescados Rubén conseguiu onte o primeiro billete para a finalísima da Copa Galicia, tras impoñerse 2-5 sobre o Cidade de Narón en terras ferrolás, con firma goleadora de Petry, Chano por partida dobre, Iago Rodríguez e Isi.


Os locais adiantáronse no marcador en xogada de estratexia nas zapatillas de Álex, antes de chegar á medianía do primeiro período, pero axiña conseguiron igualar a contenda os mariñáns, con finalización de Petry, sacándolle rendibilidade a un descoido defensivo do Cidade. Antes do descanso, Chano deulle vantaxe ao Pescados Rubén, de penalti.


No regreso á pista, os de Narón recuperáronse no marcador cun lanzamento á escuadra de Chicho. Armáronse de paciencia os burelistas, ata que de novo o 11 laranxa volveu poñer o encontro do lado visitante, nun rexeitamento tras saque de falta. Os de Daniel Ibañes puideron ampliar distancias na recta final ata o definitivo 2-5 aproveitando o xogo de cinco dos naroneses, con dianas de Iago Rodríguez e Isi.


Os laranxas coñecerán a identidade do rival na gran final o 9 de marzo; sairá do envite entre A Estrada Inversia FS, de Terceira, e Santiago Futsal, compañeiro de batallas dos burelistas en Primeira.


Ficha técnica:


Cidade de Narón: Arrivi, Chicho, Iago, Juve, Pedrito. También jugaron Róber, Álex, Brais, Víctor, Cokito, Iván


CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Chano, Bruno Petry, Jorge, Hélder. También jugaron Isi, Iago Rodríguez, Antoñito, Renato, Carlitos


Goles: 1-0, min 9: Álex; 1-1, min 9: Bruno Petry; 1-2, min 11: Chano (penalti);2-2, min 23: Chicho; 2-3, min 32: Chano; 2-4, min 37: Iago Rodríguez; 2-5, min 38: Isi.


Árbitros: Carreira Romero e Moreira Bermúdez. Amoestaron a Arrivi, Chicho e Juve polo Cidade de Narón e a Carlitos polo Burela FS.


Incidencias: Partido correspondente á semifinal de Copa Galicia disputado no pavillón municipal da Gándara

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores