Noticias
26 de febreiro de 2016
Festa galega antes do descanso

O Burela FS Pescados Rubén volve á competición mañá con festa galega na pista do Poio Pescamar FSF (18.30 horas, A Seca), antes dun novo descanso polos compromisos das seleccións autonómicas Sub-21, coa a fase final en xogo a próxima semana (Parla, 5-6 de marzo).


Continuando sen tregua na segunda praza (47 puntos), sen perder de vista o liderado, as pupilas de Lucas visitan o antigo equipo de Ceci, que ocupa a novena praza (20 puntos). “É un equipo moi complicado, moi agresivo en defensa, moi competitivo en todos os partidos, aínda que ás veces a súa xuventude supón un lastre para que se fagan co resultado” advertía o técnico mariñán. “Será un partido moi igualado, como vén sendo costume con este rival. Aínda que nos últimos encontros o resultado foi para nós, sempre nolo puxeron moi difícil” explicaba Lucas facendo referencia ás citas de liga, con 5-3 en Vista Alegre, e Copa Galicia, con 3-2 tamén para as laranxas.


Lucas terá á súa disposición dez xogadoras; entre elas, Maite aínda carrexa molestias no nocello e Peque chegará entre algodóns.


No cumio de Primeira, o Atlético de Madrid Navalcarnero (49 puntos) tamén estará esta xornada en terras galegas, na pista do Valdetires FSF, antepenúltimo (11 puntos).


CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva


Poio Pescamar FS: 15. Irene, 13. Yarie, 16. Pipi, 5. Yoli, 7. Jenni, 17. Suki, 9. Charo, 10. Claudia, 8. Jessi, 19. Ale de la Paz, 14. Nere, 21. Elena
 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores