Noticias
11 de marzo de 2016
O Burela Pescados Rubén recibe ao Majadahonda FSF Afar4 en Vista Alegre
O Burela Pescados Rubén afronta a vixésima xornada de Primeira División ante o Majadahonda FSF Afar4 que chega a Vista Alegre con ganas de dar a sorpresa tralo seu triunfo na casa do Cidade As Burgas. O duelo dispútase o sábado 12 a partir das 18.30 horas e será retransmitido en directo vía streaming na sección multimedia de www.burelafs.org. Tamén podes seguir a Copa de España de Guadalajara desde Vista Alegre. Entrada gratuita.
A escuadra burelesa debe sumar tres novos puntos para manter o ronsel do Futsi, líder con 52 puntos, que se mide no seu feudo ao Rioja FSF. As burelesas non deben pecar de exceso de confianza polo que o seu técnico reclama “moita concentración e xogar ao noso mellor nivel para evitar que o Majadahonda medre e nos complique a vitoria. Gañaron no feudo do Cidade As Burgas así que temos un precedente claro do seu perigo si non facemos ben as cousas”.

Convocatoria
CD Burela FS Pescados Rubén: 3. Dany 5. Claudia 7. Peque 10. Lara 11. Ceci 13. Andrea 14. Bea Mateos 17. Maite 31. Eva 25. Silvia

Baixas: 1. Jozi, fractura do cúbito e radio do brazo esquerdo. 8. Emma, operada de rotura de ligamento cruzado anterior no xeonllo esquerdo 18. Shiori, operada de rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito. 9. Gaby, esguince no xeonllo dereito. 15. Judith, forte contractura no cuádriceps.

Majadahonda FSF Afar4: 1. Laura Fernández 7. Arantxa de la Chica 9. Elena Mateo 12. Peque 13. Sofía 14. Gabriela Molina 16. Celia Rodríguez 17. Marta Rodríguez 33. Mónica Vergara
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores