Noticias
29 de abril de 2016
Máis de medio título en xogo en terra hostil

As pupilas de Iván Cao, Lucas, completarán mañá unha fin de semana de soño para a Familia Laranxa, tras a pugna polo play off de Primeira LNFS de hoxe, co duelo no cumio na pista do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (La Estación, 17.30 horas), con vantaxe de 2 puntos sobre as laranxas.


“Sempre que nos enfrontamos os partidos resolvéronse a favor dun ou doutro por pequenos detalles e mañá non vai ser diferente. Quen saiba manexar mellor a concentración ao longo dos corenta minutos levará o encontro” advertía a pichichi burelista, Patricica González ‘Peque’, xusto antes de subirse ao autobús rumbo a Navalcarnero, logo dunha boa semana na que se tratou que reinara a normalidade: “Foi unha semana de preparación coma outra calquera, pero tamén diferente porque, aínda que nos intentemos abstraer, a nós tamén chega a expectación que xera este tipo de partidos entre a afección”. A internacional, que se concentrará con España o domingo, con vistas ao Torneo de Moscova (6-8 de maio), foxe do nerviosismo: “Debemos saltar á pista cos nervios inevitables ante unha cita desta magnitude e sabendo que o máis importante é ter a cabeza moi concentrada. Ao fin e ao cabo, non nos xogamos máis que a semana pasada co Ourense, e soubemos liquidalo, ou dentro de dúas semanas, con Roldán”.


A 7 burelista irradia ilusión, moitivación e optimismo avalada pola excelente traxectoria do seu equipo: “O Navalcarnero é un equipo moi forte en todas as súas liñas pero nós estamos no noso mellor momento e temos que aproveitalo” concluía Peque.


O equipo partiu cara á súa cita co destino ás 14.00 horas, con Silvia Rubal como novidade na convocatoria. Mañá estará arroupado por máis de medio centenar de afeccionados con nutrida representación da pena A Pataca Naranxa.


Tras apropiarse da Supercopa de España tras dous empates (2-2 e 4-4), no partido de liga de Vista Alegre, o Pescados Rubén impúxose 2-1


CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Claudia, 7. Peque, 9. Gaby, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 25. Silvia Rubal, 31. Eva


Volta á liga, domingo 15


O equipo de Lucas retomará a competición o domingo 15 coa visita do Roldán a Vista Alegre (12.30 horas), correspondente á 27ª xornada.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores