Noticias
8 de xuño de 2016
As campioas de Liga visitan Coca-Cola
O Club Deportivo Burela Futbol Sala Pescados Rubén celebrou hoxe o seu segundo título na Liga con Coca-Cola, que invitou o equipo a visitar as súas instalacións e compartir este éxito co persoal da planta embotelladora da Coruña.

O pasado domingo as xogadoras laranxas foron recibidas en Burela durante o día grande das festas patronais, e hoxe Coca-Cola tamén quixo darlles unha pequena homenaxe para festexar a súa vitoria.

Coca-Cola, que aposta claramente polo deporte feminino local, anima o equipo para a Copa de España en Alcorcón para esta fin de semana.

Ao equipo feminino uníronse os directivos burelistas Alba Vila e José Ángel Dovale xunto a Cesarina Fanego, fundadora de Pescados Rubén, acompañados por algúns membros do equipo técnico e de administración que non quixeron perder a celebración preparada por Coca-Cola. Todos eles foron recibidos polo Departamento de Comunicación de Coca-Cola para realizar unha visita guiada polas instalacións, coñecendo máis de preto o sistema de fabricación das bebidas da marca Coca-Cola nos seus diferentes formatos.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores