Noticias
30 de xuño de 2016
Juanma Marrube dirixirá o Boal, de Segunda B, en 2016-17

O secretario técnico do CD Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube, dirixirá a próxima tempada o asturiano FS Boal Belleza, de Segunda División B, un novo reto para o profesional mariñán que xurdiu da boa relación existente entre os dous clubs e que compatibilizará coas súas funcións na entidade laranxa.


Juanma Marrube (Alfoz, 1979) asumiu a secretaría técnica do Pescados Rubén en 2014-15, axudando ademais a Juanlu Alonso como segundo adestrador en Primeira División LNFS, tras dicir adeus á súa carreira como xogador, e nas filas laranxas, ao acabar 2013-14. Nos dous últimos exercicios, desde febreiro de 2015, estivo á fronte do proxecto burelista de Terceira División.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores