Noticias
6 de xullo de 2016
Gaby e Andrea non continuarán en Burela
A ala-pivote Gabriela Vila Real Macedo e a porteira Andrea C. Marín Onteniente non continuarán no Burela FS Pescados Rubén a próxima tempada. Tras a finalización dos seus respectivos contratos, as xogadoras non aceptaron a proposta do club para a súa continuidade na Mariña. A entidade agradécelles os servizos prestados a ambas as deportistas e deséxalles sorte nos seus novos proxecto lonxe de Burela.

A brasileira Gaby despídese despois de dúas frutíferas tempadas no Pescados Rubén; en 2015-16 pechou a liga como a segunda máxima anotadora, con 26 goles. A gardameta murciana defendeu a camisola laranxa esta tempada, con 21 partidos disputados, compartindo responsabilidades baixo os paus con Jozi e Eva.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores