Noticias
14 de xullo de 2016
Calendario Primeira LNFS 2016-17
VISTA ALEGRE ABRE A TEMPADA CON PALMA FUTSAL E PÉCHAA CON LEVANTE

O CD Burela FS Pescados Rubén estreará a tempada 2016-17 no seu mausoleo o mércores 12 de outubro coa visita do Palma Futsal, e despedirase tamén en Vista Alegre o 29 de abril, con Levante UDDM.


Aos laranxas de Daniel Ibañes espéraos un inicio de liga complicado. Tan só tres días despois de abrir a competición cos insulares, visitarán a pista do Movistar Inter. Tras o derbi irmandiño con Santiago Futsal o 22 de outubro, mediranse a Magna Navarra e FC Barcelona Lassa. O dos cataláns será o primeiro Día do Club para os mariñáns na Bomboneira, os outros dous, con ElPozo Murcia e Movistar serán en xaneiro, os días 7 e 21 respectivamente.


O Pescados Rubén recibirá o Nadal o mércores 21 de decembro con Aspil Vidal Ribera Navarra na Mariña. O día 30 terá que desprazarse á pista do D-Link Zaragoza. Tras a festa de Reis, dará a benvida a 2017 cos murcianos, o 7.

Documentos relacionados:
96 KB
Calendario Primeira LNFS 2016-17
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores