Noticias
26 de xullo de 2016
Burela FS Pescados Rubén e Santiago Futsal mobilizan o fútbol sala galego

Os representantes do futsal galego en Primeira División, o CD Burela FS Pescados Rubén e o Santiago Futsal, mobilizarán os clubs irmandiños en defensa do seu deporte tras a ruptura do acordo de fusión coa Federación Galega de Fútbol Sala por parte da Federación Galega de Fútbol o pasado 16 de xullo.


Mariñáns e composteláns, que presenciaron como asambleístas votacións, que ao seu xuízo non se axustan a dereito, en convocatoria extraordinaria para anular un acordo aprobado por unanimidade en agosto de 2014, puxéronse en contacto con todas as entidades de fútbol sala da comunidade autónoma para informar de próximas reunións en cada provincia. De aí sairá a decisión final para tomar as medidas oportunas e que o fútbol sala galego poida defender unido os seus dereitos.


 


Artigo 94


Na asemblea do 2 de agosto de 2014 acordouse, por UNANIMIDADE, a fusión coa FGFS e a aprobación dun determinado contido para o art. 94 dos Estatutos (relativo ao Comité Galego de Fútbol Sala) no que, entre outras cuestións, se establece que a modificación dese artigo precisa maioría de 2/3 dos asistentes á Asemblea e, adicionalmente, maioría de 2/3 dos membros da asemblea representantes da especialidade de fútbol sala.


O contido dese art. 94 é un acordo que si ten plenos efectos dentro da asemblea xeral da FGF e vincúlaa desde o momento da súa adopción, de maneira que a modificación dese contido aprobado para o art. 94 precisa as dúas maiorías reforzadas (2/3 dos asistentes á asemblea e, ademais, 2/3 dos asambleístas do fútbol sala).
 
Calquera acordo adoptado nesta asemblea que careza desa maioría reforzada, situación que se viviu na reunión do sábado 16 de xullo, sería ineficaz, por non cumprir o requisito de maioría establecido nun anterior acordo desta mesma asemblea para a súa modificación.
 
O CD Burela FS Pescados Rubén, un dos membros da comisión delegada da FGF, solicitou oficialmente a acta de devandita asemblea.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores