Noticias
8 de agosto de 2016
Eva deixa a portería do Burela FS

Eva Lema Leis deixa a portería do CD Burela FS Pescados Rubén tras non chegar a un acordo coa entidade burelista para a súa renovación despois dunha tempada defendendo os intereses mariñáns.


Eva (Muxía, 1994), que recalou nas filas laranxas en 2015-16 dende o Viaxes Amarelle FSF para compartir responsabilidades con Jozi e Andrea, disputou 4 partidos de liga no exitoso exercicio do conxunto mariñán.


A Familia Laranxa deséxalle sorte na súa nova etapa lonxe de Vista Alegre.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores