Noticias
18 de agosto de 2016
Amarelle e Ribadeo, rivais do Pescados Rubén en Copa Galicia

O CD Burela FS Pescados Rubén tamén coñeceu hoxe o calendario da Festa Irmandiña do Futsal. A escuadra mariñá verase as caras co Viaxes Amarelle FSF e o Ribadeo FSF no Grupo A de Copa Galicia Feminina; a fase de grupos disputarase entre o 1 e o 20 de setembro.


 


Pola súa banda, os pupilos de Daniel Ibañes accederán á Copa masculina en cuartos, xunto a Santiago Futsal, Prone Lugo e O Parrulo Ferrol; a fase de grupo deberá decidirse antes do 30 de setembro e a de cuartos antes do 31 de decembro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores