Noticias
22 de agosto de 2016
Volta ao traballo para os de Daniel Ibañes

O CD Burela FS Pescados Rubén de Daniel Ibañes deu esta tarde o pistoletazo de saída á pretempada 2016-17. Cadro e corpo técnico estiveron acompañados en Vista Alegre polo presidente e o vicepresidente do club, Manuel Blanco e José Luis Sáez.


O meta catalán Joan Miñano foi a única cara nova no adestramento, xunto a Edu, Álex, Iago Míguez, Isi, Iago Rodríguez, Matamoros, Chano, Bruno Petry, Carlitos, Jorge Bellvert, Antoñito, Renato e Hélder. Os canteiráns Aarón Fernández, Christian Rivas e Sergio Cora compartirán estas sete semanas de preparación coa escuadra antes do debut ligueiro, o 12 de outubro ante o Palma Futsal (Vista Alegre).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores