Noticias
1 de outubro de 2016
Primeira vitoria das laranxas a domicilio
O Pescados Rubén Burela FS recolleu a primeira vitoria ligueira a domiclio esta tarde no feudo do Afar4 Majadahonda FSF (1-5) nunha cita que as pupilas de Lucas e Julio Delgado souberon resolver sen demasiadas complicacións, con vantaxe de 0-3 xa ao descanso, e con hattrick de Dany.

O cadro mariñán conseguiu suplir a súa falta de frescura tirando de experiencia e solvencia finalizadora. Antes de chegar á medianía do primeiro acto, Dany xa lle deu vantaxe de 2-0, en xogadas combinativas, con incremento de Silvia, no 16, de estratexia.

Tras o descanso, o cansazo deixou pegada nas filas burelistas; aproveitou Sara unha perda xa no 22 para poñer máis preto o Majadahonda; dispuxeron as madrileñas de máis ocasións, aínda que con escasos recursos. O Pescados Rubén reafirmou a súa soberanía sobre o luminoso en senllos contragolpes, de R. Betim, no 28, e case na recta final de novo da inspiradísima Dany (minuto 38).


Ficha técnica

Afar4 Majadahonda FSF: Laura, Marta Mateo, Elena, Sara, Marta Rodríguez, cinco inicial; tamén xogaron María, Rosita, Mónica, A. De la Chica, Sheila, Celia, Gabs

CD Burela FS Pescados Rubén: Ana Romero, Dany, R. Betim, Bea Mateos, Cilene, cinco inicial; tamén xogaron Shiori, Lara, Elvira, Silvia

Goles: 0-1, minuto 3, Dany; 0-2, minuto 7, Dany; 0-3, minuto 16, Silvia; 1-3, minuto 22, Sara; 1-4, minuto 28, R. Betim; 1-5, minuto 38, Dany

Árbitros: Castllo Oliva, Julio // Ortiz Márquez, Gabriel, colexio madrileño. Por Majadahonda amarelas a Elena e Celia. Por Burela amarelas a Elvira e Silvia.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores