Noticias
10 de outubro de 2016
Derbi mariñán para estrear Copa Galicia

O Pescados Rubén Burela FS comeza a semana con compromiso de Copa Galicia; estreará mañá a competición coa visita á pista do Ribadeo FSF en derbi mariñán (municipal de Ribadeo, 20.30 horas).  “É un equipo dos favoritos de Liga Galega, con xente moi nova, que vai dar moita guerra” aseguraba a ala-peche laranxa Judith, que puido volver á liga o sábado pasado, e con gol (2-1 UCAM Murcia), tras unhas semanas afastada por unha lesión de xeonllo. “Empecei a adestrar a finais da semana, entrei na pista con moita confianza e sen ningunha molestia e por riba deuse todo para axudar ao equipo cun gol”, recoñecía con ledicia a burelista.


“Non podemos relaxarnos, comezamos con moitas ganas, para nós é un título moi importante polo que loitar” aseguraba Judith incidindo na motivación das ribadenses por medirse a un rival de Primeira, co aliciente extra de duelo comarcal.


Ata despois do adestramento desta tarde, que arrancará ás 19.30 horas, non se coñecerá a convocatoria para a cita copeira.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira


Fase de grupos. O cadro de Lucas e Julio Delgado pechará a primeira eliminatoria recibindo o Viaxes Amarelle FSF, de Segunda, coa cita aínda pendente de datar.


Liga. O Pescados Rubén disputará o segundo compromiso da semana o sábado, coa sexta xornada ligueira; será na casa do Rubí FS, ás 16.30 horas (La Llana).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores