Noticias
17 de outubro de 2016
Unha semana de derbis

O Pescados Rubén Burela FS arranca unha semana de derbis. Estrearase mañá recuperando o anhelado duelo provincial, ante o Prone Lugo AD, na segunda eliminatoria da Copa do Rei (municipal de Lugo, 21.00 horas, entrada gratuíta); será tan só tres días antes de recibir en Vista Alegre, na 3ª xornada de Primeira, o Santiago Futsal (21.00 horas), que recalará na Mariña cun meritorio inicio ligueiro.


Os pupilos de Daniel Ibañes mediranse a un Prone na penúltima praza de Segunda, que se fai forte na casa. Nas dúas xornadas disputadas en Lugo empatou con UMA Antequera (1-1) e impúxose ao Betis (3-1); no entanto, fóra fraquea, con 5-0 ante Rivas Futsal, 4-2 en Tenerife e 7-5 fronte ao Barcelona B.


A última vez que se viron as caras lugueses e mariñáns foi na pretempada, o 10 de setembro, no Trofeo Cetárea Sport de Luarca, que caeu do lado dos da cidade amurallada grazas aos penaltis, tras un rifadísimo 2-2.


Convocatoria Pescados Rubén: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores