Noticias
25 de outubro de 2016
Vista Alegre, na pelexa polas semifinais de Copa Galicia

O Pescados Rubén-Burela FS e o Vista Alegre pelexarán mañá polo pase a semifinais da XXVI Copa Galicia fronte ao Viaxes Amarelle FSF, de Segunda División. A cita, con entrada gratuíta, arrincará ás 21.30 horas.


Ata o momento ambas as escuadras computan unha vitoria, tras senllos enfrontamentos co Ribadeo FSF, as coruñesas por 5-2 e as mariñás por 0-7. “Somos favoritas, pero a Copa Galicia é un obxectivo para nós e o Amarelle vai vir con toda a ilusión do mundo facernos fronte e intentar meterse en semifinais. Será un partido duro, que nos ten que servir para seguir medrando” advertía o técnico laranxa, Iván Cao, Lucas.


A convocatoria definitiva de Lucas e Julio dependerá de como se reincorpore ao traballo a brasileira Rarine Betim, na sesión desta tarde, e de Judith e Paula, que adestrarán con Galicia Sub-21 hoxe en Santiago de Compostela.


 


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira
Convocatoria Viaxes Amarelle FSF:  1. Carmen (P), 13. Sandra (P), 3. Patri, 14. Dolo, 10. María Gómez, 8. Xiana, 12. Lago, 4. Alba, 15. Mariña, 19. Sheila



 


Pescamar Poio FSF. O equipo pontevedrés, rival das burelistas este sábado en liga (xornada 8, 16.30 horas), é o único clasificado de momento para a seguinte fase copeira.


 


RESULTADOS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores