Noticias
27 de outubro de 2016
En semifinais de Copa Galicia

O Pescados Rubén conseguiu onte o pase a semifinais da XXVI Copa Galicia con empate ante o Viaxes Amarelle FSF (2-2), de Segunda División. As mariñás acceden á seguinte eliminatoria como primeiras do Grupo A grazas á renda goleadora con vitoria de 0-7 ante o Ribadeo FSF fronte ao 5-2 das coruñesas.


 “O importante era a clasificación e conseguímola” aseguraba o adestrador laranxa, Iván Cao, Lucas, manifestando certos desaxustes nas filas do Pescados Rubén que marcaron os tempos da cita: “Faltou un pouco de intensidade en momentos do partido e tamén acerto na finalización” xustificaba o focego, incidindo en que “o maior sufrimento estivo condicionado pola vantaxe curta, non polo perigo do rival”. A vantaxe chegou axiña a través dun roubo de Silvia Rubal, xa no minuto 2, fenda que ampliou Elvira no 14, finalizando ao segundo pau unha xogada combinativa. O Amarelle puido acurtar distancias segundos despois, co 2-1, de Mariña. No segundo período, as coruñesas puxeron táboas, no 28, cun disparo de falta que tocou en Cilene en última instancia. As da Mariña mantiveron o empate válido a pesar do xogo de cinco.


 


Todos os resultados de Copa Galicia



Ficha técnica
Pescados Rubén-Burela FS:
Jozi, Dany, Silvia, Bea Mateos, Cilene, cinco inicial; también jugaron Sofía, Lara, Betim, Shio, Elvira
Pescamar Poio FSF: Sandra, Dolo, María Gómez, Patri, Lago, cinco inicial; también jugaron Xiana, Sheila, Mariña, Alba, Carmen
Goles: 1-0, minuto 2, Silvia; 2-0, minuto 14, Elvira; 2-1, minuto 14, Mariña; 2-2, minuto 28, Cilene (p.p.)
Árbitros: Fernando Bello (Lugo) // Jorge Goyos (Viveiro)
Incidencias: Partido da fase de grupos da XXVI Copa Galicia disputado en Vista Alegre ante uns 200 afeccionados/as.


A Liga por TVG2. O cadro de Lucas e Julio volverá á liga o sábado, con Derbi Irmandiño na oitava xornada de Primeira RFEF; será na casa do outro clasificado ata o momento para semifinais da Copa Galicia, o Pescamar Poio FSF, con emisión en directo de TVG2 (16.30 horas). “Será un partido de ti a ti, moi complicado, fronte a un rival que mestura moi ben veteranía e xuventude e que na casa sempre está moi arroupado pola súa afección“ advertía o técnico burelista, Lucas do equipo no que esta tempada milita a ex–laranxa Ceci.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores