Noticias
29 de outubro de 2016
Derrota burelista no derbi irmandiño en Poio
Derrota do Pescados Rubén Burela na cancha do Pescamar Poio (2-0) logrando así as pontevedresas a súa primeira vitoria ligueira ante a escuadra mariñá. O derbi galego comezou con precaucións en ambos conxuntos que non querían cometer erros nos compases iniciais. Co paso dos minutos o Pescamar Poio foi tomando a iniciativa do xogo e avisando cun par de disparos afastados de Ceci que Jozi resolveu con seguridade. O Pescados Rubén contiña o impulso local e gozou dunha boa ocasión á contra pero Betim precipitouse na definición. Superado o ecuador do primeiro periodo as mariñás lograron superar o dominio do Poio e o choque entrou nunha fase máis equilibrada. O ritmo de xogo era alto pero con demasiadas imprecisións nas dúas escuadras que non conseguían conectar o último pase para xerar ocasións. Un disparo afastado de Dany foi o máis destacado en ataque nestes compases pero Silvia despexou sen complicacións. Nos cinco minutos finais o Pescamar Poio retomou a iniciativa e xerou moito perigo a un Pescados Rubén que tivo en Jozi o seu mellor baluarte para manter o empate inicial. Ale de Paz por partida dobre e Jenny retaron á brasileira que gañou a partida. Ante o dominio local, Iván Cao apostou polo xogo de cinco e tras unha perda Charo adiantou ao Poio, minuto 17, marcando desde propia pista a pesar do intento de Bea Mateos de salvar o tanto. Tralo 1-0 as burelistas mantiveron o xogo de cinco e gozaron dun par de ocasións para o empate aínda que a máis clara tívoa Dany nun man a man con Silvia que evitou a igualada. Ao descanso chegouse co 1-0. Na segunda parte o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior determinación ofensiva e neste periodo o protagonismo na portería foi para Silvia que contivo as embestidas burelistas protagonizadas por Cilene, Betim e Dany. O acoso mariñao non lograba réditos e, de novo, apostou polo xogo de cinco no minuto 25 para acurralar máis ás pontevedresas. Non xurdiu o efecto esperado xa que o Pescamar soubo contelo cunha boa defensa e con Silvia desbaratando os disparos afastados das mariñás e co 1-0 entrouse no tramo final do choque. No minuto 36 o Poio ampliou a súa vantaxe. Silvia desde o seu portería envía un balón longo que Jozi non consegue despexar e Jessi aproveita o balón solto para marcar o 2-0. Ata o final o Pescados Rubén intentou con xogo de cinco recortar distancias pero sen éxito algún polo que o Pescamar Poio logrou vencer por 2-0 o derbi galego. Ficha técnica Pescamar Poio: Silvia, Ceci, Jenny, Jessi, Charo –cinco inicial- Patri, Ale de Paz, Carolina. Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cilene, R. Betim, Bea Mateos, Dany –cinco inicial- Silvia, Shio, Judith, Lara. Goles: 1-0, m.17, Charo; 2-0, m.36, Jessi. Árbitros: Cardero Rodríguez, González Armada; Ourense. Cartón amarelo a Jenny no Pescamar Poio. Cartón amarelo no Pescados Rubén Burela a Judith, Cilene, Bea Mateos, Incidencias: Partido correspondente á xornada 8 de Primera División, disputado en el pavillón A Seca de Poio.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores