Noticias
4 de novembro de 2016
Arrecendo a derbi ante un sólido Ourense

O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na novena xornada de Primeira RFEF, un Ourense Envialia FSF (18.30 horas) que saltará a Vista Alegre nun grande inicio ligueiro, ostentanto a terceira praza, con 18 puntos. “Será un encontro con moitísima intensidade, moi igualado e no que os pequenos detalles serán decisivos. O Ourense ten unha boa plantilla, moi equilibrada, pero nós sabemos o que temos que facer para danalo” explicaba a viveirense Lara Balseiro, en vésperas do segundo derbi irmandiño da Bomboneira.



Dende a quinta praza, con 15 puntos, o cadro mariñán intentará recuperar o positivismo do triunfo tras o tropezo da semana pasada tamén con aroma a duelo galego, na pista do Poio. Enfronte terá a un Ourense que non coñece a derrota; ata o momento tan só Alicante (3-3, xornada 6), Txantrea (1-1, xornada 3) e Poio (1-1, xornada 2) foron capaces de facer puntos fronte ás pupilas de Chipi. A 10 laranxa é moi consciente desa complexidade, e máis nunha semana na que o equipo chega algo xusto de efectivos; non obstante, Vista Alegre e o afán de superación das burelistas fan que todo sexa posible: “Esperamos facer un bo partido, aínda que temos xente tocada que é moi importante para nós; esta semana foi un pouco atípica, non puidemos adestrar en plenas condicións. Pero a realidade é que precisamos sacar os tres puntos sexa como sexa así que estamos moi motivadas e con moitas ganas”.


Lucas e Julio decidirán a convocatoria definitiva mañá tras o quentamento; Cilene, Bea Mateos e R. Betim chegan con molestias.



Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 10. Lara, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 19. Paula, 26. Elvira

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores