Noticias
9 de novembro de 2016
Desquite na Copa do Rei

O Pescados Rubén Burela FS tomou o desquite de oitavos de Copa do Rei onte no Ciudad de Tudela. Nesta ocasión, os de Daniel Ibañes apropiáronse da vitoria fronte a Aspil Vidal Ribera Navarra con 2-4, resultado que os conduce á segunda clasificación para cuartos da historia laranxa. Os mariñáns disputarán a seguinte eliminatoria entre o 13 e o 14 de decembro, no medio dunha semana con desprazamentos a Canarias e Santa Coloma; coñecerán a identidade do seu rival no sorteo do venres 18 de novembro.


“Foi un partido moi igualado no que estivemos moi ben, sobre todo psicoloxicamente” reflexionaba así Daniel Ibañes tras o seu regreso a terras galegas. “Malia comezar por detrás no marcador soubemos manternos no partido” puntualizaba o técnico, nunha cita na que se adiantaron os locais, con Oussama no minuto 8, con boa reacción dos laranxas, que en 3 minutos tomaron a iniciativa, con Matamoros (minuto 13), de disparo raso tras recoller un balón longo, e Iago Rodríguez (minuto 16). Nos últimos compases Lucas recuperou o equilibrio no luminoso nun rexeitamento.


“Desde que nos puxemos por diante, soubemos xogar co resultado” analizaba Daniel Ibañes, cunha segunda parte na que o Pescados Rubén enseguida volveu ver portería, de novo con Iago Rodríguez (minuto 24). Viviuse unha recta final con aposta de porteiro-xogador por parte dos de Pato con sólida defensa dos da Mariña, que puxeron o broche co 2-4 de Antoñito a porta baleira, tras unha grande oportunidade de Mata, que se foi por pouco.


“Mantivemos a concentración en todo momento, durante os corenta minutos. Os xogadores con máis minutos souberon aproveitalo e os que ata agora tiveron menos participación tamén souberon dar moi ben a cara. Hai que seguir así, sen baixar a garda” concluía así a lectura en adestrador laranxa.


Ficha técnica


Aspil Vidal Ribera Navarra: Molina, Luisma, Lucas, Javier Mínguez, Ferrán Plana, cinco inicial; tamén xogaron Pedro, Oussama, Rubi, Hamza e Kostas


Pescados Rubén Rubén Burela FS: Miñano, Jorge Bellvert, Iago Rodríguez, Cuco, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Matamoros, Iago Míguez, Antoñito, Hélder, Carlitos


Goles: 1-0, minuto 8, Oussama; 1-1, minuto 13, Matamoros; 1-2, minuto 16, Iago Rodríguez; 2-2, minuto 19, Lucas; 2-3, minuto 24, Iago Rodríguez; 2-4, minuto 39, Antoñito


Árbitros: Felipe Madorrán e Urdanoz Apezteguía. Expulsaron a Hamza (amarelas no 16 e 39). Amarelas para o local Pedro (31) e os visitantes Matamoros (13) e Jorge Bellvert (38)


Martes 8 de novembro


Aspil Vidal Ribera Navarra 2-4 Pescados Rubén Burela FS
FS Valdepeñas 4-2 Ríos Renovables Zaragoza
Levante UD FS 5-4 FC Barcelona Lassa
Catgas Energía 4-2 Movistar Inter
Noia FS 3-4 Magna Gurpea


Mércores 9 de novembro


Palma Futsal- ElPozo Murcia 20:00h
Gran Canaria FS- Peñiscola RehabMedic 21:00h
Bodegas Juan Gil Jumilla- Jaén Paraíso Interior 21:15h


Xornada 6. Os pupilos de Daniel Ibañes retomarán esta tarde os adestramentos pensando xa na liga. O venres pola mañá partirán con rumbo a La Salobreja para medirse o sábado ao Jaén Paraíso Interior (18.00 horas).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores