Noticias
12 de decembro de 2016
R. Betim non continuará en Burela

O Pescados Rubén Burela FS rescindiu contrato coa ala brasileira Rarine Cristina dos Santos Betim. A deportista ‘canarinha’, que chegou a Burela a mediados de setembro procedente do Telêmaco Borba Agricopel, regresa esta tarde ao seu país.


Defendendo a camisola laranxa, Betim tan só puido participar en 5 das 12 xornadas de Primeira RFEF, por problemas físicos, 4 como titular, con 2 goles da súa autoría.


A entidade laranxa agradécelle á xogadora os servizos prestados durante estes meses e deséxalle éxito na súa traxectoria deportiva.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores