Noticias
12 de decembro de 2016
Copa do Rei, reencontro con Canarias

Daniel Ibañes mostrouse moi contento tras a contundente vitoria na 10ª xornada de liga o sábado pasado na casa do Gran Canaria FS (4-10). “Fomos sólidos en defensa e estivemos moi acertados en ataque; estou moi satisfeito co compromiso e a concentración amosados” aseguraba o técnico do Pescados  Rubén Burela FS, que terá que volver verse as caras cos pupilos de Suso Méndez de novo o mércores, en cuartos de Copa do Rei (20.00 horas -horario local-, Centro Insular de Deportes de Gran Canaria).


“O sábado atopámonos cun equipo que apertou, cunha presión alta, ante a que respondemos con moito acerto ofensivo, coa motivación extra de que non gañara ningún equipo antes alí” lembraba Daniel Ibañes, esperando cambios na nova cita: “Non sei como será a súa formulación, pero creo que será un partido bastante diferente. Sen dúbida, nós sairemos mentalizados de que esta é unha oportunidade case única para o equipo de estar en semifinais de Copa do Rei; levamos catro partidos dando un paso adiante, estando máis tranquilos. Mantendo a concentración estaremos en semifinais” adiantaba con optimismo o técnico laranxa.


O equipo burelista, que xa comezou os adestramentos esta mañá, realizará a última sesión antes do partido mañá ás 12.00 horas (horario insular) sen ausencias na expedición que se desprazou ás Canarias o venres pasado: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Petry, 13. Álex, 18. J. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito


 


Horarios de partidos (ligazón)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores