Noticias
14 de decembro de 2016
Clasificación histórica para semifinais de Copa do Rei
Dous tantos consecutivos, de Iago Míguez e Matamoros, deixaron o partido case resuelto no minuto 36

O Pescados Rubén completou este mércores o cadro de semifinais da Copa do Rei de fútbol sala ao gañar no último partido de cuartos de final a domicilio ao Gran Canaria FS por 2-4, polo que loitará polo título co Magna Gurpea, Levante e ElPozo Murcia, que selaron a súa clasificación onte. O sorteo decidirá os cruzametos da eliminatoria, de ida e volta, o vindeiro martes, 20 de decembro.


Tras unha primeira parte sen goles, adiantáronse os canarios por mediación de Pablo Salado ao comezo da segunda metade, aínda que inmediatamente empataron os visitantes cun tiro afastado de Cuco, que devolvía a igualdade ao marcador. O conxunto mariñán sentenciou a eliminatoria con dúas dianas marcadas de forma consecutiva por Iago Míguez e Matamoros, que deixaron o partido case resolto no minuto 36. O Gran Canaria apostou entón por utilizar ao porteiro-xogador e Juanillo reduciu distancias a dous minutos do final, aínda que o Pescados Rubén soubo aproveitarse da situación e sentenciou o partido cun gol desde a súa portería do gardameta Miñano.


Fonte: El Progreso


Mañá xa tocará cambiar de chip a primeira hora, voando cara a Barcelona; o venres o Pescados Rubén volverá á liga, no terceiro partido en menos dunha semana, fronte a Catgas Energía (21.00 horas, TV3)


Ficha técnica


Gran Canaria FS: Igor, Anás, Pablo Salado, Juanillo, Julio, cinco inicial; tamén xogaron Saúl, Pepe, Bingyoba, Montero, Pichi


Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Iago Míguez, Isi, Matamoros, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Rodríguez, Petry, Bellvert, Cuco


Goles: 1-0, minuto 27, Pablo Salado; 1-1, minuto 28, Cuco; 1-2, minuto 36, Iago Míguez; 1-3, minuto 36, Matamoros; 2-3, minuto 38, Juanillo; 2-4, minuto 38, Miñano


Incidencias: Partido de cuartos de Copa do Rei disputado no Centro Insular de Deportes de Gran Canaria FS

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores