Noticias
21 de decembro de 2016
O ala-pivote Bruno Petry non continuará en 2017

O ala-pivote Bruno Petry Branco (Correia Pinto, SC, 1989) non seguirá nas filas do Pescados Rubén Burela FS en 2017. O club laranxa non chegou a un acordo de renovación co xogador brasileiro, que finaliza contrato o 31 de decembro. O ata agora 12 burelista regresará ao seu país mañá.


Bruno Petry chegou á Mariña no mercado de inverno da tempada pasada desde o futsal ‘canarinho’ para converterse nunha das referencias habituais de Daniel Ibañes. O ala-pivote burelista despediuse onte das filas laranxas en Vista Alegre, con 11 partidos xogados en 12 xornadas e con 4 dianas na lista goleadora dos mariñáns.


Desde a directiva, o presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, destacaron a profesionalidade de Bruno Petry, agradecendo a súa dedicación ao longo deste ano. “O seu compromiso e entrega polo fútbol sala continuaranlle dando moitas ledicias na súa carreira”, coincidían en afirmar os dirixente burelistas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores