Noticias
21 de decembro de 2016
Jozi e Isi, axudantes de Papá Noel por un día

Como toda unha tradición xa no Pescados Rubén Burela FS, os laranxas Joziane de Oliveira e Isidoro Garrido visitaron esta semana a área de Pediatría do Hospital da Costa para repartir ilusión e bos desexos uns días antes da chegada de Papá Noel a todos os fogares.


Os nenos recibiron con sorpresa e emoción a visita dos deportistas burelistas, que lles entregaron agasallos e lles fixeron chegar os mellores sentimentos de toda a Familia Laranxa para unha rápida recuperación.


O equipo de Daniel Ibañes volverá aos adestramentos o luns 26 para medirse a domicilio ao Ríos Renovables Zaragoza o venres 30 (20.45 horas). As pupilas de Lucas e Julio Delgado retomarán o traballo o martes 3 de xaneiro.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores