Noticias
29 de decembro de 2016
Adeus en Zaragoza
O Pescados Rubén Burela FS dirá adeus a 2016 mañá na 13ª xornada de Primeira LNFS na casa do Ríos Renovables Zaragoza FS (20.45 horas). O Siglo XXI será testemuña dunha cita de gran rivalidade na que ambas as escuadras pelexarán por despedir o ano con boas sensacións con tan só 3 puntos de vantaxe da novena praza laranxa (15) sobre a décimo terceira maña (12).

“Sabemos que vai ser difícil; o ano pasado non puidemos vencer nesa pista, pero esta tempada o noso xogo é mellor e se queremos seguir enganchados necesitamos unha vitoria” explicaba o técnico burelista, Daniel Ibañes, que quere recuperar a esencia laranxa tras o tropezo en Vista Alegre da semana pasada. “Xa esquecemos o resultado con Ribera; tivemos días de descanso, que era o que necesitabamos, e adestramos pensando en recuperar o noso xogo e concentración das xornadas anteriores”.

“Zaragoza é quizais o equipo máis peculiar da liga defensivamente; expón unha defensa en zona que é moi difícil de atacar. Está sufrindo máis este ano, pero foi capaz de empatar na casa con Barcelona e ademais, con só 3 puntos por baixo de nós, buscarán con máis esforzo unha vitoria que para eles tamén podería ser moi importante” advertía o adestrador mariñán.

Nas filas burelistas non poderá despedir o ano sobre as pistas Matamoros, que cumprirá mañá o primeiro de dous partidos de suspensión tras a expulsión en Vista Alegre fronte a Aspil; Edu continúa co seu proceso de recuperación e Cuco será dúbida de última hora por un golpe sufrido onte durante o adestramento. A expedición de Daniel Ibañes partirá esta noite, ás 23.45 horas, con rumbo a terras mañas.


Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Bellvert, 20. Miñano, 21. Cuco, 23. Antoñito, 27. Renato, 30. Hélder
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores