Noticias
3 de xaneiro de 2017
Daniel Ibañes pechará a súa etapa en Burela en xuño

O técnico Daniel Ibañes deixará o banco do Pescados Rubén-Burela FS en xuño, coincidindo coa finalización do seu contrato de 2 anos. O hispano-brasileiro declinou a proposta do club laranxa para continuar á fronte do proxecto de Primeira LNFS o vindeiro exercicio.


Daniel Ibañes, que colleu as rendas do equipo na tempada 2015-16 substituíndo a Juanlu Alonso, pechou 2016 repetindo xesta na Copa de España e coa clasificación histórica para semifinais de Copa do Rei.


Nas próximas semanas, o club dará a coñecer o novo dirixente do equipo para 2017-18.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores