Noticias
3 de xaneiro de 2017
O Calendario Laranxa 2017 rende homenaxe ao Futuro Burelista
Familia Laranxa 2016-17

O Calendario Laranxa volve en 2017 aos fogares mariñáns rendendo homenaxe ao Futuro Burelista, cun equipo de base como protagonista de cada mes. Como xa é tradición, o almanaque do Pescados Rubén Burela FS incorpora a axenda ligueira dos equipos sénior, de Primeira División LNFS e RFEF, ata finais de 2016-17, ademais dun póster central de toda a Familia Laranxa. Portada e contraportada están dedicadas aos conxuntos de elite.



As pequenas Xoias Laranxas, dende prebenxamín ata xuvenil e filial feminino, encabezan os meses de 2017, co apoio de Grupo Vega, A Chave de Ouro, Halcón Viajes, Alain Afflelou Óptico, Concello de Burela, 3A Consultores, Frenos Carpe, Pescados Rubén, AutoLav Galicia, Living Sport Foz, Limpezas Lemas e Ximnasio Breogán.



O calendario xa está dispoñible (prezo, 3 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91); tamén poderá adquirirse no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos partidos laranxas sénior, dende este sábado, 7 de xaneiro.



O Pescados Rubén Burela FS quere amosar o seu agradecemento aos establecementos, empresas e Concello colaboradores na realización do Calendario Laranxa 2017.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores