Noticias
14 de xaneiro de 2017
O Pescados Rubén Burela remonta ao Esplugues Gironella con goles de Dany e Lara
Crónica. ACFSF. Gustavo Voces

O Pescados Rubén Burela iniciou o partido con presión en tres cuartos de cancha ante un Penya Esplugues Gironella que optaba de inicio por esperar en cancha propia as acometidas visitantes. Co paso dos minutos as lucenses, que intentaran sorprender con disparos de media distancia, optaban por atrasar a súa presión a metade de cancha. Nun roubo de balón en cancha propia, Berta Velasco gañaba liña de fondo polo á esquerda e poñía o balón ao corazón do área para que Pilar anotase o 1 a 0. Pouco despois nun novo roubo Berta Velasco plantábase ante Jozi nunha dobre ocasión para as locais. O empate chegaba a catro minutos do descanso obra de Dany en xogada de estratexia á saída dunha falta, con disparo dentro do área ao segundo pau. A tres minutos da conclusión as galegas optaban polo xogo de cinco para voltear o luminoso, pero sen consecuencias.

Na segunda parte, tras uns primeiros compases de dominio infrutuoso lucense, o Pescados Rubén Burela optaba de novo por volver situarse sobre a cancha co xogo de cinco co fin de buscar espacios no bo facer defensivo das catalás. As burelesas alternaban en ocasións o xogo de cinco, pero malia os seus achegamento de perigo non culminaban a remontada que tanto buscaban, ante un conxunto catalán que á contra seguía creando moito perigo. A pouco máis de catro minutos da conclusión, nunha xogada en estático co xogo de cinco, o Burela poñía o 1 a 2 con gol dentro do área de Lara remachando un disparo desde fóra do área de Cilene.

Co 1 a 2, Robert Caneda técnico local optaba polo xogo de cinco con Laura Oliva como porteira xogadora. Esta aposta das locais convertía o tramo final do partido nun auténtico ida e volta, cun Burela intentando xa contemporizar as súas posesións e tratando de matar o partido á contra. O choque, con todo, a pesar do empuxe catalán, finalizaba coa exigua vitoria visitante por 1 a 2.

Gironella: Raquel; Berta Velasco, Pilar, Zoe e Celia (quinteto inicial). Tamén xogaron, Noe, Marta, Berta Ramos, Sandra, Helena Roig, Julia Vidal e Laura.

Pescados Rubén Burela: Jozi; Dany, Lara, Bea Mateos e Cilene (quinteto inicial). Tamén xogaron, Silvia, Shiori, Sofía e Elvira.

Goles: 1-0, m.9, Pilar; 1-1, m.16, Dany; 1-2, m.35, Lara.

Colegiados: Óscar Núñez e Roberto Vigeriego. Sen amonestaciones.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira División. Disputado en Lles Moreres. Máis de 100 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores