Noticias
17 de xaneiro de 2017
Pescados Ruben 1-5 Magna Gurpea

O Pescados Rubén Burela FS caeu hoxe no seu primeiro compromiso de semifinais de Copa do Rei fronte á efectividade dun Magna Gurpea (1-5) que foi de menos a máis, tras unha primeira parte moi equilibrada na que os mariñáns demostraron garra e actitude. A semifinal decidirase no partido de volta, en 7 de febreiro, en Anaitasuna, ás 20.00 horas.


Chano adiantou aos mariñáns no minuto 12, para estalido da animada e estrepitosa bancada de Vista Alegre; o 11 laranxa superou a liña de meta de cabeza tras tentativa errada de Antoñito. Estaban xerando máis perigo os burelistas, pero o Magna soubo aproveitar as súas ocasións; en apenas un minuto Eseverri subiu a igualada rescatando un rexeite de Miñano ante Rafa Usín. Volvía empezar a cita. Na recta final cara ao descanso os visitantes obtiveron un agasallo pouco merecido, con 1-2 en propia porta dos burelistas; o esférico tocou en Renato intentando bloquear a Eseverri, que esperaba o centro de Saldise, nun contraataque certamente polémico.


O Burela botou de menos a soltura da primeira parte. No minuto 25 Iago Rodríguez non acertou a rematar un balón morto fronte a un Asier moi rápido. Volveu o perigo burelista cun potente disparo cruzado poucos segundos despois. Non estivo preciso o Pescados Rubén e volveu aproveitar Magna para ampliar distancias, en tan só un minuto subiu o 1-4, de Rafa Usín, que forzou a defensa de Matamoros e materializou pola escuadra, e de Eseverri, en xogada colectiva. No 30, Iago Rodríguez saltou ao parqué para liderar o xogo de cinco. O perigo mariñán non obtivo premio e Araça atopou o quinto dos navarros, a porta baleira.


Ficha técnica


Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Iago Míguez, Isi, Matamoros, Renato, cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Iago Rodríguez, Chano, Hélder, Carlitos


Magna Gurpea: Asier, Araça, D. Saldise, Rafa Usín, Eseverri, cinco inicial; tamén xogaron Yoshikawa, Jesulito, R. Martil, Alvarito


Goles: 1-0, minuto 12; Chano; 1-1, minuto 13, Eseverri; 1-2, minuto 18, Renato (p.p.); 1-3, minuto 27, Rafa Usín; 1-4, minuto 28, Eseverri; 1-5, minuto 33, Araça


Árbitros: Gallo Suárez (Asturias) // Martínez Torres (Galicia). Por Burela FS, amarela a Iago Rodríguez (minuto 13), Matamoros (minuto 18), Álex, Chano (minuto 21). Por Magna amarela a Saldise (minuto 9), Araça (minuto 23), R. Martil


Incidencias: Partido correspondente á ida de semifinais de Copa do Rei disputado no pavillón Vista Alegre, coa presenza do responsable da Área de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera; o xefe de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; e o parlamentario Daniel Veiga, entre outras personalidades. Arredor de 1100 afeccionados/as.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores