Noticias
18 de xaneiro de 2017
Mini defenderá a Galicia Sub-19 no País Vasco

O xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Alejandro García, Mini, defenderá a Galicia Sub-19 na fase previa dos Campionatos de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala, que se disputará en Vitoria-Gasteiz esta semana, entre o xoves e o domingo.


A expedición de Mon Barreiro sairá mañá para estrearse o venres fronte a Navarra (16.30 horas, pavillón Abetxuko). Baleares será o rival do sábado (11.00 horas, pavillón Ibaiondo) e a cita fronte ao País Vasco pechará a fase previa da competición o domingo, ás 12.00 horas (pavillón Ibaiondo). 


Xunto ao xogador laranxa, compoñen a convocatoria deGalicia Sub-19: Iago Macía, Miguel Salgado e Brian Niebla, do Santiago Futsal; David Rivadulla, do Leis Pontevedra FS; Pedro Rodríguez e Antón Rodríguez, do ED Vigo 2015; Miguel Fernández, Alfonso A. Edreira e Pablo Martínez, do Troula FS; Miguel Rolo, do ADFS Bueu, e Juan Caínzos, do Parrulo Ferrol FS.


Semana de seleccións irmandiñas


A representación laranxa co combinado irmandiño tamén se deixou notar esta semana nos preparatorios de Galicia Sub-21 onte, con Judith Pedreira, e hoxe de Galicia Benxamín, con Iago López.


Joan Miñano, convocado con Cataluña


Non só a Galega se fixa no Pescados Rubén Burela FS. O meta Joan Miñano recibiu o chamamento da Selección de Cataluña para disputar dous partidos internacionais amigables contra o Brasil, previstos para o domingo 29 de xaneiro, en Granollers, e martes 31, en Sabadell.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores